NOVAS
Resolución defintiva solicitudes para mobilidades de grupo en 4ºESO e 1ºBAC
19/11/2025
4º ESO: premer aquí
1º BAC: premer aquí (a data da ida na mobilidade será definitivamente na semana 20-24 de abril, días de viaxe non incluídos)
NOTA: o alumnado admitido deberá entregar en secretaría ou ao correo erasmus@ieslauroolmo.org unha copia do DNI ou TIE/Pasaporte antes do 28 de novembro, así como posteriormente da Tarxeta Sanitaria Europea (todos os documentos que estean en vigor durante os períodos previstos das mobilidades).
Resolución provisional solicitudes para mobilidades de grupo en 4ºESO e 1ºBAC
12/11/2025
4º ESO: premer aquí
1º BAC: premer aquí
Convocatoria para participación en mobilidade de grupo en Rumanía (1ºBAC)
22/10/2025
O alumnado de 1º de BAC do IES Lauro Olmo poderá solicitar a súa participación co financiamento do programa Erasmus nunha estadía formativa en modalidade de intercambio en Rumanía, con dúas persoas acompañantes do profesorado.
O prazo de presentación das solicitudes e documentos será dende o día 27 de outubro ata o 6 de novembro ás 14:10 horas, do ano 2025.
Bases da convocatoria: premer aquí
Formulario de inscrición editable (descargar e entregar cuberto): premer aquí
Convocatoria para participación en mobilidade de grupo en Italia (4ºESO)
22/10/2025
O alumnado de 4º de ESO do IES Lauro Olmo poderá solicitar a súa participación co financiamento do programa Erasmus nunha estadía formativa en modalidade de intercambio en Italia, con dúas persoas acompañantes do profesorado.
O prazo de presentación das solicitudes e documentos será dende o día 27 de outubro ata o 6 de novembro ás 14:10 horas, do ano 2025.
Bases da convocatoria: premer aquí
Formulario de inscrición editable (descargar e entregar cuberto): premer aquí
8/10/2025
*Nota sobre a convocatoria para solicitar mobilidade de prácticas en FP: a resolución provisional será publicada o día 9 (cun día de atraso), polo que o período de alegacións e reclamacións pasará a ser entre os días 10 e 13 de outubro do 2025, ambos incluídos.
Convocatoria para solicitar mobilidade de prácticas en FP
17/09/2025
O alumnado dos ciclos de grao básico e medio do IES Lauro Olmo, que realice prácticas no curso 2025-2026, poderá solicitar como estudante a realización dunhas prácticas no estranxeiro co financiamento do programa Erasmus durante o terceiro trimestre do curso. O prazo está aberto ata o venres 3 de outubro ás 14:10 horas, do ano 2025.
Bases da convocatoria: premer aquí
Formulario de inscrición editable (descargar e entregar cuberto): premer aquí
Convocatoria para solicitar mobilidade de prácticas en FP
(ciclos TAPSD e TCAE 2026)
16/05/2025
O alumnado dos ciclos de Atención a Persoas en Situación de Dependencia e de Coidados Auxiliares de Enfermería do IES Lauro Olmo que se matricule no módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) no primeiro trimestre do curso 2025-2026, e que non prosiga despois con outros estudos ou traballo, poderá solicitar como estudante recén titulado a realización dunhas prácticas no estranxeiro co financiamento do programa Erasmus a partir de xaneiro do ano 2026 e dentro dese mesmo curso. O prazo está aberto ata o luns 2 de xuño ás 14:10 horas, do ano 2025.
Bases da convocatoria: premer aquí
Formulario de inscrición editable (descargar e entregar cuberto): premer aquí
Posibles entidades colaboradoras: premer aquí
Resolución de solicitudes de mobilidades do profesorado para o próximo curso 2025-2026
13/02/2025
Convocatoria para participar en mobilidade de grupo en Portugal (FP- Imaxe Persoal)
05/02/2025
O alumnado de 2º curso dos ciclos de Formación Profesional (FP) da familia de Imaxe Persoal poderá solicitar a realización dunha estadía de mobilidade de grupo en Portugal. O prazo está aberto ata o xoves 13 de febreiro ás 14:10 horas, do ano 2025.
Bases da convocatoria: premer aquí
Formulario de inscrición editable (descargar e entregar cuberto): premer aquí
Convocatoria para solicitar mobilidades o persoal o próximo curso 2025-2026
28/01/2025
O persoal profesional do IES Lauro Olmo poderá solicitar a súa participación nunha mobilidade Erasmus no estranxeiro co financiamento do programa Erasmus para o curso 2025/2026.
O medio de entrega da solicitude e documentos será ao correo erasmus@ieslauroolmo.org indicando no asunto “Solicitude mobilidades persoal 2025-2026” ou a través da secretaría do IES, ata o venres 7 de febreiro ás 23:59 horas.
Bases da convocatoria: premer aquí
Formulario de solicitude (pódese cubrir a ordenador tras descarga): premer aquí
Para máis información contactar coa coordinación Erasmus: https://erasmus.ieslauroolmo.org/contacto
Convocatoria para participación en mobilidade de grupo en Italia (4ºESO)
25/10/2024
O alumnado de 4º da ESO do IES Lauro Olmo poderá solicitar a súa participación co financiamento do programa Erasmus nunha estadía formativa en modalidade de intercambio co Liceo Rosa Gianturco (Potenza, Italia), con dúas persoas acompañantes do profesorado.
O prazo de presentación das solicitudes e documentos será dende 28 de outubro ata o 7 de novembro ás 14:10 horas, ambos incluídos, do ano 2024.
Bases da convocatoria: premer aquí
Formulario de inscrición editable (descargar e entregar cuberto): premer aquí
Convocatoria para solicitar mobilidade de prácticas en FP
(inverno/primavera 2025)
14/10/2024
O estudantado dos ciclos de grao básico e medio de Formación Profesional (FP) do IES Lauro Olmo que estea matriculado no módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) durante o segundo ou terceiro trimestre do curso 2024-2025, así como o ex-alumnado recén titulado no curso 2023-2024 e que non estea realizando outros estudos, poderá solicitar a realización dunha estadía no estranxeiro co financiamento do programa Erasmus. O prazo está aberto ata o xoves 24 de outubro ás 14:10 horas, do ano 2024.
Bases da convocatoria: premer aquí
Formulario de inscrición editable (descargar e entregar cuberto): premer aquí
Modelo de carta de motivación editable (descargar e entregar cuberto): premer aquí
Convocatoria para participar en mobilidade de grupo en Italia (FP- Atención a Persoas en Situación de Dependencia, Coidados Auxiliares de Enfermería e Xestión Administrativa)
14/10/2024
O alumnado dos ciclos de grao medio de Formación Profesional (FP) do IES Lauro Olmo que estea matriculado nos ciclos medios de Atención a Persoas en Situación de Dependencia, Coidados Auxiliares de Enfermería e Xestión Administrativa poderá solicitar a realización dunha estadía de mobilidade de grupo en Italia durante unha semana. O prazo está aberto ata o xoves 24 de outubro ás 14:10 horas, do ano 2024.
Bases da convocatoria: premer aquí
Formulario de inscrición editable (descargar e entregar cuberto): premer aquí
Resolución definitiva mobilidade de grupo en Francia (2ºBAC)
07/10/2024
Publícase no seguinte enlace a resolución definitiva e a documentación a entregar.
Resolución provisional mobilidade de grupo en Francia (2ºBAC)
02/10/2024
Publícase no seguinte enlace a resolución provisional e a documentación a entregar nos próximos días. A resolución definitiva será publicada o luns día 7.
Convocatoria para participación en mobilidade de grupo en Francia (2ºBAC)
13/09/2024
O alumnado de 2º de BAC do IES Lauro Olmo poderá solicitar a súa participación co financiamento do programa Erasmus nunha estadía formativa en modalidade de intercambio en Francia, con dúas persoas acompañantes do profesorado.
O prazo de presentación das solicitudes e documentos será dende o día 19 ata o 26 de setembro ás 14:10 horas, do ano 2024.
Bases da convocatoria: premer aquí
Formulario de inscrición editable (descargar e entregar cuberto): premer aquí
Convocatoria aberta para solicitar mobilidade de curso para profesorado
24/05/2023
Dada a renuncia dunha praza concecida, o profesorado de secundaria do IES Lauro Olmo poderá solicitar a súa participación nun curso no estranxeiro co financiamento do programa Erasmus. O prazo de presentación das solicitudes e documentos será dende o día 27 ao 30 de maio ás 23:59 horas, ao correo erasmus@ieslauroolmo.org indicando no asunto “Mobilidade SCH curso 2023-2024”, ou a través da secretaría do IES.
Bases da convocatoria (tendo en conta o cambio nas datas da solicitude): premer aquí
Formulario de inscrición editable (descargar e entregar cuberto): premer aquí
Modelo para carta de motivación editable (descargar e entregar cuberto): premer aquí
Resolución de solicitudes de mobilidades do profesorado para o próximo curso 2024-2025
19/02/2024
Convocatoria para solicitar mobilidades o profesorado o próximo curso 2024-2025
24/01/2024
Tanto o profesorado de formación profesional (FP) que imparte docencia en ciclos básico e/ou medio como o que imparte docencia en educación secundaria obrigatoria e/ou bacharelato (educación escolar nos termos do programa Erasmus) do IES Lauro Olmo poderá solicitar a súa participación nunha mobilidade Erasmus no estranxeiro co financiamento do programa Erasmus para o curso 2024/2025.
O medio de entrega da solicitude e documentos será ao correo erasmus@ieslauroolmo.org indicando no asunto “Solicitude mobilidades profesorado 2024-2025” ou a través da secretaría do IES, ata o mércores 7 de febreiro ás 23:59 horas.
Bases da convocatoria: premer aquí
Formulario de solicitude: premer aquí
Modelo de carta de motivación: premer aquí
Estimación do interese do alumnado de FP en participar en mobilidades o próximo curso 2024-2025
23/01/2024
Es alumna/o de FP do IES Lauro Olmo? Queres participar en Erasmus o próximo curso?
Dende o IES imos solicitar fondos para realizar actividades de mobilidade noutros países o próximo curso 2024-2025 e queremos consultar o interese do alumnado. Se queres participar para que teñamos en conta a túa opinión e ter máis opcións, entrega cuberto o seguinte formulario antes do venres 2 de febreiro ás 23:59, dixital a través do correo erasmus@ieslauroolmo.org ou en papel a través da secretaría do centro en horario de mañá.
Formulario: premer aquí
Información sobre o apartado de menos oportunidades: premer aquí
Apoio económico por países de destino: premer aquí
Resolucións definitivas mobilidades profesorado (1º semestre 2024)
13/12/2023
Mobilidade de curso para profesorado de ESO/BAC: premer aquí
Mobilidade de aprendizaxe por observación para profesorado de ESO/BAC: premer aquí
Mobilidade de aprendizaxe por observación para profesorado de Imaxe Persoal e profesorado de Sanidade (FP): premer aquí
Convocatoria aberta para solicitar o alumnado mobilidade Erasmus en FP (primavera 2024)
01/12/2023
O alumnado dos ciclos de grao básico e medio de Formación Profesional (FP) do IES Lauro Olmo que estea matriculado no módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) durante o terceiro trimestre do curso 2023-2024, poderá solicitar a súa realización total ou parcial no estranxeiro co financiamento do programa Erasmus.
O prazo de presentación das solicitudes e documentos será dende o día 1 de decembro ata o 12 de decembro ás 23:59 horas, do ano 2023.
Bases da convocatoria: premer aquí
Formulario de inscrición editable (descargar e entregar cuberto): premer aquí
Modelo para carta de motivación editable (descargar e entregar cuberto): premer aquí
Resolucións provisionais mobilidades profesorado (1º semestre 2024)
01/12/2023
Mobilidade de curso para profesorado de ESO/BAC: premer aquí
Mobilidade de aprendizaxe por observación para profesorado de ESO/BAC: premer aquí
Mobilidade de aprendizaxe por observación para profesorado de Imaxe Persoal e profesorado de Sanidade (FP): premer aquí
Convocatoria aberta para solicitar mobilidade de aprendizaxe por observación para profesorado de Sanidade (FP)
21/11/2023
O profesorado do departamento de Imaxe Persoal do IES Lauro Olmo poderá solicitar a súa participación nunha mobilidade de aprendizaxe por observación no estranxeiro co financiamento do programa Erasmus.
O prazo de presentación das solicitudes e documentos será dende o día 21 de novembro ata o 30 de novembro ás 23:59 horas, ao correo erasmus@ieslauroolmo.org indicando no asunto “Mobilidade Sanidade aprendizaxe por observación 2023-2024”, ou a través da secretaría do IES.
Bases da convocatoria: premer aquí
Formulario de inscrición editable (descargar e entregar cuberto): premer aquí
Modelo para carta de motivación editable (descargar e entregar cuberto): premer aquí
Convocatoria aberta para solicitar mobilidade de aprendizaxe por observación para profesorado de Imaxe Persoal (FP)
21/11/2023
O profesorado do departamento de Imaxe Persoal do IES Lauro Olmo poderá solicitar a súa participación nunha mobilidade de aprendizaxe por observación no estranxeiro co financiamento do programa Erasmus.
O prazo de presentación das solicitudes e documentos será dende o día 21 de novembro ata o 30 de novembro ás 23:59 horas, ao correo erasmus@ieslauroolmo.org indicando no asunto “Mobilidade Imaxe aprendizaxe por observación 2023-2024”, ou a través da secretaría do IES.
Bases da convocatoria: premer aquí
Formulario de inscrición editable (descargar e entregar cuberto): premer aquí
Modelo para carta de motivación editable (descargar e entregar cuberto): premer aquí
Convocatoria aberta para solicitar mobilidade de aprendizaxe por observación para profesorado de ESO/BAC
16/11/2023
O profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e/ou Bacharelato do IES Lauro Olmo poderá solicitar a súa participación nunha mobilidade de aprendizaxe por observación en Mafra (Portugal) co financiamento do programa Erasmus. O prazo de presentación das solicitudes e documentos será dende o día 17 de novembro ata o 29 de novembro ás 23:59 horas, ao correo erasmus@ieslauroolmo.org indicando no asunto “Mobilidade SCH aprendizaxe por observación 2023-2024”, ou a través da secretaría do IES.
Bases da convocatoria: premer aquí
Formulario de inscrición editable (descargar e entregar cuberto): premer aquí
Modelo para carta de motivación editable (descargar e entregar cuberto): premer aquí
Convocatoria aberta para solicitar mobilidade de curso para profesorado de ESO/BAC
16/11/2023
O profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e/ou Bacharelato do IES Lauro Olmo poderá solicitar a súa participación nun curso no estranxeiro co financiamento do programa Erasmus. O prazo de presentación das solicitudes e documentos será dende o día 17 de novembro ata o 29 de novembro ás 23:59 horas, ao correo erasmus@ieslauroolmo.org indicando no asunto “Mobilidade SCH curso 2023-2024”, ou a través da secretaría do IES.
Bases da convocatoria: premer aquí
Formulario de inscrición editable (descargar e entregar cuberto): premer aquí
Modelo para carta de motivación editable (descargar e entregar cuberto): premer aquí
Resolución definitiva aprendizaxe por observación en FP (Transporte e Mantemento de Vehículos)
17/10/2023
Convocatoria aberta para solicitar participación en mobilidade de grupo en Italia (4º da ESO)
09/10/2023
O alumnado de 4º da ESO do IES Lauro Olmo poderá solicitar a súa participación co financiamento do programa Erasmus nun intercambio cun centro educativo de Italia, con dúas persoas acompañantes do profesorado. Esta mobilidade de grupo será realizada en dous períodos:
- Acollida do alumnado italiano no Barco: 19 a 25 de novembro.
- Acollida do alumnado do IES Lauro Olmo en Italia: 18 a 24 de febreiro.
A modalidade de aloxamento será en familias.
O prazo de presentación das solicitudes e documentos será dende o día 9 de outubro ata o 13 de outubro ás 10:30 horas, do ano 2023.
Bases da convocatoria: premer aquí
Formulario de inscrición editable (descargar e entregar cuberto): premer aquí
Resolución provisional aprendizaxe por observación en FP (Transporte e Mantemento de Vehículos)
09/10/2023
Convocatoria aberta para solicitar mobilidade de aprendizaxe por observación en FP (Transporte e Mantemento de Vehículos)
26/09/2023
O profesorado do departamento de Transporte e Mantemento de Vehículos do IES Lauro Olmo poderá solicitar a súa participación nunha mobilidade de aprendizaxe por observación en Alemaña co financiamento do programa Erasmus.
O período para presentar as solicitudes vai do día 26 de setembro ata o 5 de outubro ás 23:59 horas, a través do correo electrónico erasmus@ieslauroolmo.org indicando no asunto “Mobilidade Erasmus FP automoción 2023”.
Documentos anexos:
Bases da convocatoria: premer aquí
Formulario de inscrición editable (descargar e entregar cuberto): premer aquí
Modelo para carta de motivación editable (descargar e entregar cuberto): premer aquí
Convocatoria aberta para solicitar mobilidade Erasmus en FP (outono 2023)
31/05/2023
O alumnado dos ciclos de formación profesional de Atención a Persoas en Situación de Dependencia e de Coidados Auxiliares de Enfermería do IES Lauro Olmo, que se vaia matricular no módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) durante o primeiro trimestre (setembro-decembro) do curso 2023/2024, poderá solicitar realizalo noutro país co financiamento do programa Erasmus.
O período para presentar as solicitudes vai do día 1 ata o 16 de xuño ás 23:59 horas, a través do correo electrónico erasmus@ieslauroolmo.org indicando no asunto “Mobilidade Erasmus FP outono 2023”.
Documentos anexos:
Bases da convocatoria: premer aquí
Formulario de inscrición editable (descargar e entregar cuberto): premer aquí
Modelo para carta de motivación editable (descargar e entregar cuberto): premer aquí
21/02/2023
No IES Lauro Olmo acabamos de obter a acreditación Erasmus ata o ano 2027 para os sectores de educación escolar e formación profesional, que permite acceder a oportunidades de mobilidade por motivos educativos tanto na Unión Europea como noutras partes do mundo, co fin de mellorar a calidade dos procesos de ensino e aprendizaxe no centro.
Aquí podedes atopar o listado de centros seleccionados:
fondosdefinitivo-2022-KA120-VET-s.xlsx (sepie.es)
fondosdefinitivo-2022-KA120-SCH-s.xlsx (sepie.es)