Erasmus+ no IES Lauro Olmo
Erasmus+ é un programa da Comisión Europea que ofrece oportunidades de mobilidade e cooperación internacional nos ámbitos da educación superior, a formación profesional, a educación de persoas adultas e a educación escolar.
No IES Lauro Olmo iniciamos a nosa participación no programa Erasmus+ no ano 2023, obtendo a acreditación Erasmus ata o ano 2027 nos sectores de formación profesional (graos básico e medio) e educación escolar (educación secundaria obrigatoria e bacharelato) para mobilidades do alumnado e persoal por motivos de aprendizaxe. No ano 2024 conseguimos a carta ECHE para ciclos de grao superior.
Cos obxectivos do Plan Erasmus do IES Lauro Olmo procuramos compartir con organizacións doutros países metodoloxías de traballo e oportunidades formativas; con especial atención á inclusión social, ás transicións ecolóxica e dixital, ao fomento da participación na vida democrática e ao incremento das competencias lingüísticas.