2023/2024
Formación en centro de traballo en Alemaña
Xuño 2024
A última mobilidade internacional de estudantes do noso primeiro curso co Erasmus+ protagonizárona Manuel e Miguel, alumnos de FP de Electromecánica de Vehículos Automóbiles, que realizaron parte da súa formación en centros de traballo na zona de Frankfurt (Alemaña). Ademais do tempo de prácticas aproveitaron para viaxar e coñecer varios lugares, unha experiencia que seguramente non esquecerán.
Curso en Croacia
Maio 2024
María, profesora de economía no IES Lauro Olmo, estivo realizando durante unha semana unha formación sobre educación e inclusión en Split (Croacia) co programa Erasmus Plus.
Aprendizaxe por observación en Francia
Maio 2024
Este mes realizáronse no IES Lauro Olmo dúas mobilidades de profesorado de aprendizaxe por observación en dous "lycées" (liceos) de Francia, que serviron para intercambiar formas de traballar e para preparar futuras mobilidades do alumnado.
Marisa, profesora de Procedementos Sanitarios e Asistenciais, estivo na rexión de Normandía coñecendo recursos e metodoloxías no campo da saúde e atención sociosanitaria. David, profesor de Intervención Sociocomunitaria e actual coordinador Erasmus, na rexión de Île-de-France no ámbito da atención sociosanitaria e da animación na infancia e con persoas maiores. Agradecemos ao persoal dos centros a súa acollida e colaboración, así como ao Sepie a posibilidade da experiencia co Erasmus+.
Formación en centro de traballo en Portugal
Maio 2024
Imos ata Porto (Portugal) onde Erik, alumno de FP do grao básico de Peiteado e Estética, está realizando esta primavera gran parte da súa formación en centros de traballo grazas á beca Erasmus+ e ao Sepie.
Acollida de alumnado de Francia
Marzo 2024
Durante estes días nove alumnas de Normandía (Francia) están a realizar unha estadía formativa co programa Erasmus no IES Lauro Olmo no ciclo de formación profesional de Atención a Persoas en Situación de Dependencia e no ciclo de Coidados Auxiliares de Enfermería.
Este luns foi o seu primeiro día e, tras coñecer as instalacións e os grupos cos que compartirán aulas, comezaron os obradoiros de formación relacionados co apoio psicosocial, coa atención sanitaria e coa formación e orientación laboral.
Xa pola tarde, nunha actividade organizada conxuntamente polo alumnado de Atención a Persoas en Situación de Dependencia e a asociación AFEM Morea, realizouse un percorrido para coñecer O Barco.
Aprendizaxe por observación en Portugal
Marzo 2024
En marzo as profesoras Gelines, Tania e Xemma de educación secundaria realizaron unha mobilidade de aprendizaxe por observación nunha escola en Mafra (Portugal).
Mobilidade de grupo en Italia
Febreiro 2024
Este mes dez alumnas/os de secundaria do IES Lauro Olmo viviron unha experiencia que, de seguro, non van esquecer nunca.
Relizaron unha mobilidade de grupo nun centro educativo italiano de Potenza, con acollida en familias do alumnado local. Durante esta semana o noso alumnado forxou unha fermosa amizade co alumnado Italiano e realizou varias actividades relacionadas coa intelixencia emocional, a historia, a cultura, a democracia, as ciencias e o deporte.
Aprendizaxe por observación en Portugal
Xaneiro 2024
Manuel, profesor do Departamento de Imaxe Persoal, desfrutou dunha mobilidade de aprendizaxe por observación nunha escola en Vila Nova de Gaia (Portugal) e estableceu contacto con empresas locais para futuras mobilidades do alumnado.
Acollida de alumnado de Italia
Novembro 2023
O noso alumnado de 4º de ESO deu a benvida nas súas casas e no instituto a 10 estudantes de Potenza (Italia) e despois durante unha intensa semana compartimos moitas experiencias e actividades relacionadas co medioambiente, igualdade, interculturalidade, historia, creatividade e lectura.
Aprendizaxe por observación en Alemaña
Novembro 2023
Os profesores de FP do IES Lauro Olmo Luis e Rubén, da área de Transporte e Mantemento de Vehículos, realizaron a semana pasada unha mobilidade en Dreieich (cerca de Frankfurt).
Durante a súa estadía alí realizaron job shadowing, unha mobilidade na que os docentes tiveron a oportunidade de observar e aprender das prácticas educativas implementadas en Alemaña.
Tamén puideron visitar varios concesionarios da zona de cara a preparar futuras mobilidades do alumnado para formación en centros de traballo.
Comezamos a nosa andaina polo mundo
Novembro 2023
Zaira e Lorena, alumnas do ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia, abren camiño e son as primeiras alumnas do IES Lauro Olmo en realizar unha mobilidade Erasmus.
En concreto en Braga (Portugal) realizarán parte da FCT, unha nunha asociación de persoas con diversidade funcional intelectual e outra nun centro de día con persoas maiores.