Convocatoria aberta para solicitar mobilidade Erasmus en FP (outono 2023)
31/05/2023
O alumnado dos ciclos de formación profesional de Atención a Persoas en Situación de Dependencia e de Coidados Auxiliares de Enfermería do IES Lauro Olmo, que se vaia matricular no módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) durante o primeiro trimestre (setembro-decembro) do curso 2023/2024, poderá solicitar realizalo noutro país co financiamento do programa Erasmus.
O período para presentar as solicitudes vai do día 1 ata o 16 de xuño ás 23:59 horas, a través do correo electrónico erasmus@ieslauroolmo.org indicando no asunto “Mobilidade Erasmus FP outono 2023”.
Documentos anexos:
Bases da convocatoria: premer aquí
Formulario de inscrición editable (descargar e entregar cuberto): premer aquí
Modelo para carta de motivación editable (descargar e entregar cuberto): premer aquí

Conseguimos a acreditación Erasmus
21/02/2023
No IES Lauro Olmo acabamos de obter a acreditación Erasmus ata o ano 2027 para os sectores de educación escolar e formación profesional, que permite acceder a oportunidades de mobilidade por motivos educativos tanto na Unión Europea como noutras partes do mundo, co fin de mellorar a calidade dos procesos de ensino e aprendizaxe no centro.
Aquí podedes atopar o listado de centros seleccionados:
fondosdefinitivo-2022-KA120-VET-s.xlsx (sepie.es)
fondosdefinitivo-2022-KA120-SCH-s.xlsx (sepie.es)