2022/2023

Alumnado portugués realiza as súas prácticas de FP no Barco

Abril 2023

Froito da nosa colaboración con outras organizacións Erasmus, este mes recibimos a unha alumna e tres alumnos de formación profesional de Braga (Portugal). 

Veñen ao Barco de Valdeorras a realizar a súa formación en centros de traballo no ámbito do deporte e, durante os primeiros días, estarán en comapñía do seu profesorado. 

Neste caso o IES Lauro Olmo actuou de intermediario facilitando o contacto con varias empresas locais.