NOVAS

Instagram

Convocatoria aberta para solicitar mobilidade de aprendizaxe por observación para profesorado de Sanidade (FP)

21/11/2023

O profesorado do departamento de Imaxe Persoal do IES Lauro Olmo poderá solicitar a súa participación nunha mobilidade de aprendizaxe por observación no estranxeiro co financiamento do programa Erasmus. 

O prazo de presentación das solicitudes e documentos será dende o día 21 de novembro ata o 30 de novembro ás 23:59 horas, ao correo erasmus@ieslauroolmo.org indicando no asunto “Mobilidade Sanidade aprendizaxe por observación 2023-2024”, ou a través da secretaría do IES.

Bases da convocatoria: premer aquí 

Formulario de inscrición editable (descargar e entregar cuberto): premer aquí

Modelo para carta de motivación editable (descargar e entregar cuberto): premer aquí 

Convocatoria aberta para solicitar mobilidade de aprendizaxe por observación para profesorado de Imaxe Persoal (FP)

21/11/2023

O profesorado do departamento de Imaxe Persoal do IES Lauro Olmo poderá solicitar a súa participación nunha mobilidade de aprendizaxe por observación no estranxeiro co financiamento do programa Erasmus. 

O prazo de presentación das solicitudes e documentos será dende o día 21 de novembro ata o 30 de novembro ás 23:59 horas, ao correo erasmus@ieslauroolmo.org indicando no asunto “Mobilidade Imaxe aprendizaxe por observación 2023-2024”, ou a través da secretaría do IES.


Convocatoria aberta para solicitar mobilidade de aprendizaxe por observación para profesorado de ESO/BAC

16/11/2023

O profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e/ou Bacharelato do IES Lauro Olmo poderá solicitar a súa participación nunha mobilidade de aprendizaxe por observación en Mafra (Portugal) co financiamento do programa Erasmus. O prazo de presentación das solicitudes e documentos será dende o día 17 de novembro ata o 29 de novembro ás 23:59 horas, ao correo erasmus@ieslauroolmo.org indicando no asunto “Mobilidade SCH aprendizaxe por observación 2023-2024”, ou a través da secretaría do IES.

Convocatoria aberta para solicitar mobilidade de curso para profesorado de ESO/BAC

16/11/2023

O profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e/ou Bacharelato do IES Lauro Olmo poderá solicitar a súa participación nun curso no estranxeiro co financiamento do programa Erasmus. O prazo de presentación das solicitudes e documentos será dende o día 17 de novembro ata o 29 de novembro ás 23:59 horas, ao correo erasmus@ieslauroolmo.org indicando no asunto “Mobilidade SCH curso 2023-2024”, ou a través da secretaría do IES.

Resolución definitiva mobilidade de grupo en Italia (4ºESO)

20/10/2023

Premer aquí

Resolución provisional mobilidade de grupo en Italia (4ºESO)

17/10/2023

Premer aquí

Resolución definitiva aprendizaxe por observación en FP (Transporte e Mantemento de Vehículos)

17/10/2023

Premer aquí

Convocatoria aberta para solicitar participación en mobilidade de grupo en Italia (4º da ESO)

09/10/2023

O alumnado de 4º da ESO do IES Lauro Olmo poderá solicitar a súa participación co financiamento do programa Erasmus nun intercambio cun centro educativo de Italia, con dúas persoas acompañantes do profesorado. Esta mobilidade de grupo será realizada en dous períodos:

- Acollida do alumnado italiano no Barco: 19 a 25 de novembro.

- Acollida do alumnado do IES Lauro Olmo en Italia: 18 a 24 de febreiro.

A modalidade de aloxamento será en familias.

O prazo de presentación das solicitudes e documentos será dende o día 9 de outubro ata o 13 de outubro ás 10:30 horas, do ano 2023.

Resolución provisional aprendizaxe por observación en FP (Transporte e Mantemento de Vehículos)

09/10/2023

Premer aquí

Convocatoria aberta para solicitar mobilidade de aprendizaxe por observación en FP (Transporte e Mantemento de Vehículos)

26/09/2023

O profesorado do departamento de Transporte e Mantemento de Vehículos do IES Lauro Olmo poderá solicitar a súa participación nunha mobilidade de aprendizaxe por observación en Alemaña co financiamento do programa Erasmus.

O período para presentar as solicitudes vai do día 26 de setembro ata o 5 de outubro ás 23:59 horas, a través do correo electrónico erasmus@ieslauroolmo.org indicando no asunto “Mobilidade Erasmus FP automoción 2023”. 

Documentos anexos:


Resolución definitiva FCT Erasmus Outono 2023

29/06/2023

Premer aquí

Resolución provisional FCT Erasmus Outono 2023

23/06/2023

Premer aquí

Convocatoria aberta para solicitar mobilidade Erasmus en FP (outono 2023)

31/05/2023

O alumnado dos ciclos de formación profesional de Atención a Persoas en Situación de Dependencia e de Coidados Auxiliares de Enfermería do IES Lauro Olmo, que se vaia matricular no módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) durante o primeiro trimestre (setembro-decembro) do curso 2023/2024, poderá solicitar realizalo noutro país co financiamento do programa Erasmus. 

O período para presentar as solicitudes vai do día 1 ata o 16 de xuño ás 23:59 horas, a través do correo electrónico erasmus@ieslauroolmo.org indicando no asunto “Mobilidade Erasmus FP outono 2023”. 

Documentos anexos:




folleto_acreditaciones.pdf

Conseguimos a acreditación Erasmus

21/02/2023

No IES Lauro Olmo acabamos de obter a acreditación Erasmus ata o ano 2027 para os sectores de educación escolar e formación profesional, que permite acceder a oportunidades de mobilidade por motivos educativos tanto na Unión Europea como noutras partes do mundo, co fin de mellorar a calidade dos procesos de ensino e aprendizaxe no centro. 

Aquí podedes atopar o listado de centros seleccionados: 

fondosdefinitivo-2022-KA120-VET-s.xlsx (sepie.es) 

fondosdefinitivo-2022-KA120-SCH-s.xlsx (sepie.es)